A trama urbanística da croa de Viladonga, no seu momento de esplendor, foi un abigarrado escenario de cabanas multiformes, calellas cegas e rúas empedradas.
Unha destas é a que saíu á luz na escavación do sector Nordés. Unha verea perimetral que, ao estilo das "vías sagularis" campamentais, permitía o tránsito polo bordo da masa construída. Por riba, e sempre á vista, dexergaba o adarve fortificado.
A estrutura que nos apareceu tivo que ser moi fermosa. Estaba coidadosamente empedrada e abríase, como un abano, aos soportais que vivían á beira da muralla. Pero eu non podo deixar de pensar nelas, nas mulleres e nenas que baixaban chanzos para ir ao alxibe, fortes brazos amarrando aquelas inmensas sellas de barro, auténticas historias perdidas nos regueiros dos patíns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario