No mundo da arquitectura popular galega o termo "augalevada" ou, máis común, "lovada de auga" fai referencia ao último tramo da presa antes de embocar no muíño. Naqueles que tiñan cubo ou balsa, depósitos axuntados á traseira da construción, normalmente consistía nuha canle de pedra coidadosamente elaborada, ás veces ergueita sobre un muro ou sinxelos piares de cachotería.
A canle descuberta na escavación do Sector 1 do Castro de Viladonga , lembra, por estrutura e función, a ese tipo de pequenos acueductos, de nomes tan fermosos, propios da arquitectura popular.
Unha imaxe da canle. Ao fondo da foto atópase o alxibe
A nosa "lovada de auga castrexa" discorre polo piso do angosto calello situado entre o paramento interior da mura e as traseiras das estruturas rectangulares que, ao final da ocupación do poboado, remataron por construírse virtualmente axuntadas a unha defensas daquela xa amortizadas.
Malia atoparse aínda no nunha fase inicial da escavación, parece evidente que esta canle debe poñerse en relación co alxibe descuberto na campaña do 2018. O seu obxectivo consistía en recoller a auga que escorregaba polo calello procedente da muralla e as cubertas das casas, e conducila ata o gran depósito soterrado, colaborando de xeito moi enxeñoso no seu abastecemento.
A "augalevada" de Viladonga, a liña de saída dunha tradición que dura dous mil anos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario